O deseñador e adegueiro Roberto Verino ingresa na Academia de Belas Artes


O deseñador e adegueiro verinés Roberto Verino ingresará oficialmente na Real Academia de Belas Artes como Académico de Número Electo dentro da sección Artes da Imaxe.

O acto oficial, que está sendo organizado coa colaboración do Concello de Verín, terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro sábado día 18 de xuño.

Durante o mesmo, Verino lerá un discurso como Académico Electo titulado “Aportación da Moda Galega ao orgullo de país” ao que o fotógrafo Xurxo Lobato dará resposta.

Ademais da súa faceta de deseñador, Verino ten unha faceta ligada o viño con denominación de orixe Monterrei, onde é propietario de Bodegas Gargalo, aos pés do castelo.,