Mañán comeza o curso de verán “O mundo dos viños galegos–X Foro do Albariño, Reflexión sobre a Sostenibilidade”,
Á inauguración asistirá a Alcaldesa de Meis e Presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giraldez, e o Alcalde de Cambados, Samuel Lago.
Ás 16.30 h en Adegas Terra de Asorei terá lugar a primeira ponencia de “Viñedos singulares, de pobo e de comarca” realizada por Juan Carlos Sancha, Vicepresidente de “Bodegas Familiares de La Rioja” e por Ana Belén Sánchez, xerente de dita Asociación.
Para a poñencia de “Estratexia de Sostenibilidade na agricultura galega” contaremos con José Manuel Andrade, Director da Fundación Juana de Vega e Profesor do Departamento de Empresa da Universidade de A Coruña.
E finalizará a xornada cunha Sesión de cata de albariños, da man da Sumiller Esther Daporta, do Restaurante Yayo Daporta.