Marín agarda 15.000 persoas nas Festas do Carmen




Marín prepara o cartel das Festas do Carmen que se celebrarán na vila mariñeira a mediados do mes de xullo, onde este ano as galas xacobeas ocuparán un papel relevante e para as que se espera unha asistencia de arredor de 15.000 persoas.

A maiores serán varias as orquestras que amenicen as noites do verán deses días. O 11 de xullo, será a Orquesta Kubo; o 13, París de Noia; o xoves 14, Panorama, e o 16, Marbella.

Todos os concertos serán na Praza de España e reavivarán esas ganas de desfrutar da música, das verbenas e do verán que nestes últimos anos non foi posible satisfacer ao cen por cen.

O concello tamén programa unha Batalla de Flores Nocturna, que se celebrará o martes, 12 de xullo, polas principais rúas de Marín.