Galicia prepárase para a súa festa máis antropolóxica: a noite de San Xoán


Galicia prepara hoxe unha das súas festas antropolóxicas máis importantes: a noite de San Xoán. En cada recuncho da comunidade autónoma unha cacharela alumeará a noite máis corta do ano, e que da paso a verán, para que milleiros de persoas salten por enriba dela para escorrentar os malos espíritus.

Un ano máis, libres das limitacións da covid-19, nas rúas, prazas e praias, o cheiro das foqueiras verase acompañado polo das sardiñas, que no mes de xuño están na súa mellor época para ser asadas. Empanada e viño son outros dos ingredientes que no poden faltar nesta celebración máxica.

En Galicia, ainda que a festa e de extensión masiva, a que se celebra en A Coruña ten a consideración de Festa de Interés Turístico Internacional. As praias de Riazor e Orzán, nas que está prohibido o baño, serán as grandes referentes da celebración.

A falla que leva toda a semana instalada no areal de Riazor é toda unha atracción para as miles de persoas que na urbe herculina participan nesta celebración multitudinaria na que as autoridades toman todo tipo de medidas para evitar incidentes, sobre todo, por imprudencias ligadas o exceso de consumo de alcohol.

Un factor pode aguar a festa: a chuvia. Meteogalicia prevé algún tipo de precipitación esta noite na franxa atlántica a partires das 21.00 horas. No resto de Galicia o risco e menor. E na Coruña poidera ser que tamén se viran libres.

A maiores do rito purificador das fogueiras, nos fogares a tradición marca que o levantarse as persoas deben lavarse a cara coa auga nas que se deixaron a plantas máxicas toda a noite (romero, menta, manzanilla, rosas...). O riscalo día deste venres xa estaremos no vran. Benvido!