Ferrol Patrimonio Mundial patrocina o Nachiños Fest


O festival de música indie terá lugar os días 19 e 20 de agosto no campo das Cabazas, na estrada de Covas. Actuarán os grupos Sen Senra, Carolina Durante, Baiuca, Live Band, Cariño, Blanco Palamera, Fresquito y Mango, Flaca, Wea are not Dj’s, La Duendeneta, Mariagrep, Virginia Red e Moito, entre outros

O Concello de Ferrol vai patrocinar a través da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial ‘Ciudad de Ferrol: Puerto de la Ilustración’ a terceira edición do Nachiños Fest 22, o festival de música indie que se celebrará os días 19 e 20 de agosto, venres e sábado, no campo das Cabazas, en Covas. Nesta ocasión actuarán Sen Senra, Carolina Durante, Baiuca, Live Band, Cariño, Blanco Palamera, Fresquito y Mango, Flaca, Wea are not Dj’s, La Duendeneta, Mariagrep, Virginia Red e Moito, entre outros grupos.

O obxectivo do Concello de Ferrol é promover e facer visible a candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, unha proposta que suma xa preto de 5.050 adhesións a través da web https://ferrolpatrimoniomundial.gal/es/adhesiones/. Xa poden adquirirse as entradas aos concertos e reservar aloxamento no camping das Cabazas na web oficial do festival https://nachinosfest.com/.