Empezan a fabricarse os 30.000 barcos para apoiar a Ferrol Patrimonio Mundial


O Concello de Ferrol continua co desenvolvemento de actividades que dinamicen a cidade as fins de semana. Nesta ocasión trátase dunha iniciativa orientada á promoción da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, que busca gañar apoios e dar a coñecer os bens da cidade que a integran. Este sábado arrancaou a campaña de divulgación a través do proxecto ‘¿Contamos contigo?’, unha nova acción dirixida ao conxunto da poboación que ten como obxectivo implicar á cidadanía na fabricación de ao menos 30.000 barcos con papel biodegradable que serán botados ao mar.

Nun stand informativo con material para elaborar os barcos e persoal que mostrou como facelos participaron adultois e nenos. Ademais de animar á xente a participar na rúa, o Concello de Ferrol leva este proxecto a asociacións veciñais e a todos os centros escolares da cidade, tanto públicos como concertados, aos que xa se trasladaron as urnas nas que depositar os barcos que os nenos elaborarán no que queda de curso escolar.

Esta pasada semana a concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, participou na entrega do material no centro escolar Cruceiro de Canido. O obxectivo, dixo, é “implicar a través do xogo á poboación máis nova, queremos que eles tamén coñezan o patrimonio da cidade na que estudan”.

Unha vez reunidos os barcos realizarase unha exposición e no mes de outubro serán botados ao mar desde un lugar simbólico da cidade incluído na candidatura como mostra “ao mundo do apoio unánime da cidadanía á candidatura de Ferrol”, apuntou a edil.
Para continuar co labor de divulgación da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial, tamén este sábado as personaxes de Carlos III, o Marqués da Enseñada e Jorge Juan volverán a percorrer o centro da cidade co fin de sumar apoios. Na web da proposta ferrolá https://ferrolpatrimoniomundial.gal/es/adhesiones/ rexístranse xa preto de 5.000.

A proposta ferrolá “precisa do respaldo social e da complicidade cidadá en todos os sentidos, polo que estamos a traballar para conseguir o apoio real e efectivo da poboación para reforzar, enriquecer e xerar valor a nosa candidatura”, apuntou Martínez Montero.