Curso de verán da USC: O mundo dos viños galegos. X Foro do Albariño


A Directora do Curso de Verán organizado pola USC e profesora desa universidade, Elisa Rubí; o presidente da Asociación Adegas do Salnés, Germán Martínez; e o Presidente-Conselleiro delegado de Adegas Terra de Asorei, Xosé Ramón Durán (Roque) presentaron o Curso de Verán da Universidade de Santiago de Compostela “O mundo dos viños galegos (2º edic). X Foro do Albariño” que impartirase do 29 de xuño o 1 de xullo do 2022 en Adegas Terra de Asorei, en San Martiño de Meis, no centro Comarcal Exposalnés en Cambados e o acto de clausura no Pazo de Ulloa, en Cambados.

Elisa Rubí, directora do curso, destaca a transversalidade do mesmo. Neste curso, preténdese dar unha visión multidisciplinar e actual sobre o mundo do viño galego e en particular do Albariño do Val do Salnés nas Rías Baixas. Consideramos que a Sostenibilidade no sector vitivinícola é unha obriga ética, que temos cos nosos ecosistemas, para minimizar os impactos do cambio climático e é unha responsabilidade social. Este curso está dirixido alumnos, profesores universitarios ou de formación profesional, institutos, profesionais do sector do viño ou público xeral que queira acercarse ao mundo do albariño actual e ás tendencias e novidades do sector, contemplado dende varios puntos de vista.

Xosé Ramón Durán (Roque) afirma que hoxe en día, para vender viño en Galicia e sobre todo internacionalmente, ademais de ter a pasión de cultivar o viñedo, o arte de elaborar un bo albariño hai que ter detrás una empresa eficiente e valores de respecto as persoas, o medio ambiente e ser sensibles en tomar medidas para evitar o cambio climático. As adegas deben responder a esta nova sensibilidade e realidade. Por eso, un dos eixos deste curso e a sostenibilidade nas adegas. O Presidente-Conselleiro delegado de Adegas Terra de Asorei afirmou que dentro de esta cultura e o respecto a biodiversidade dedicase parte dunha xornada a recuperación de variedades autóctonas, en concreto, a recuperación do viño tinto Espadeiro, unha uva senlleira do Val do Salnés que fai un viño tinto galego de calidade.