CPR Plurilingüe La Milagrosa, décimo comedor escolar km 0 de Galicia


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos,fixo entrega ao comedor escolar do CPR Plurilingüe La Milagrosa da distinción coma o décimo comedor escolar km 0 de Galicia, recoñecendo así o seu esforzo por mellorar a formación, asesoramento e alimentación ofertada. Esta distinción forma parte da terceira edición da campaña “Come Local”, posta en marcha pola Xunta coa asociación Slow Food Compostela entre os meses de febreiro e xuño.

Neste proxecto educativo participaron 24 colexios de toda Galicia, co obxectivo de promocionar o produto de proximidade como parte do Pacto Verde Europeo e a estratexia “Da Granxa á mesa” da UE. Ademais,a campaña busca a ampliación da rede de comedores escolares que empreguen produtos cos certificados de calidade de Denominación Orixe Protexida, Indicación Xeográfica Protexida e ecolóxicos nos seus menús.

A campaña deste ano contou cunha novidade, xa que por primeira vez participaron nela varios comedores de centros de FP agrónoma vinculados á Consellería do Medio Rural. Neles fíxose unha intervención pensada para circularizar a xestión dos centros, co autoconsumo da produción e tratamento insitu dos refugallos órganicos coma accions principais.