Centos de persoas e autoridades animan a Festa do Peixe de Bande


A Festa do Peixe de Bande (Ourense) prepárase para recibir este fin de semana a centos de asistentes en dúas xornadas marcadas por temperaturas altas e sol.

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, participou na inauguración da edición número 51 da Festa do Peixe de Bande, declarada de Interese Turístico de Galicia e que conta co apoio da corporación provincial.

No regreso da festa ao seu tradicional formato déronse cita na praza da Constitución da vila, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; alcaldes da comarca da Baixa Limia e doutros puntos da provincia; representantes da provincia nas Cortes Xerais e no Parlamento galego; xunto coa alcaldesa de Bande como anfitriona, Sandra Quintas.