Bueu pon en marca as rutas "Sabor a mar' por seis euros




O Concello de Bueu pon en marcha este verán de novo un programa de rutas baixo o lema de ‘Sabor e mar’, co que se busca achegar os recunchos naturais, culturais e gastronómicos da vila.

As rutas, que tiveron moi boa acollida o pasado ano, desenvolveranse os sábados  25 de xuño e 2 de xullo, mentres que no resto do verán continuarán os xoves.

Para participar nelas precísase inscrición previa no correo turismo@concellodebueu.gal, no teléfono 986390029 (ext.5) ou a través do formulario da web municipal.

Cun custe de 6 euros por persoa, estas camiñadas comezarán ás 10.00 h, e constarán dunha ruta guiada e a elaboración dunha tapa mariñeira por parte dunha cociñeira profesional, que se poderá degustar ao remate na Praza de Abastos.