Baiona revivirá a época da Movida co festival La Recta


A Alameda Carabela Pinta de Baiona acollerá o vindeiro venres, 3 de xuño, ás 13:30 a presentación do Festival “La Recta”.

Carlos Segarra, voz dos Rebeldes, é a estrela do pop rock dos 80 que poñerá ritmo á presentación na que se desvelará o cartel do festival que terá lugar o vindeiro sábado 11 de xuño.

Carlos Segarra (Barcelona, 1961) é un dos pioneiros do rock’ n’ roll español. Rocker acérrimo desde o destete, fundou “Los Rebeldes” ao empezar a gatear, case: 1979. O que empezou como grupo de rockabilly purista converteuse nun mísil de éxitos para todos os públicos.

Desde o Concello de Baiona anímase á veciñanza para acudir á presentación e gozar dun pequeno aperitivo do que será o festival coa actuación de Segarra, un home-guitarra ambulante, á vella usanza: sempre aferrado ao seu chapeu cowboy, tanto levanta unha festa como encabeza un festival de nostalxia ochentera, como o é o de “La Recta” de Baiona.