"As nubes deixan no mar bicos e versos para soñar"




“As nubes deixan no mar bicos e versos para soñar” é a frase elixida este ano para ilustrar o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións da Avenida de Beiramar.

O escritor vigués e Premio Nacional de Literatura, Antonio García Teijeiro, é o autor desta mensaxe. Pereira seleccionou tres frases do escritor relacionadas co mar e convocou un concurso nas súas redes sociais para que os seguidores elixisen a que máis lles gustaba.

 “O mar non ten paredes. Por iso inventa mil horizontes” e “Cando a lúa chama o mar, deixa a voz na beiramar”, foron as outras dúas frases que competiron coa gañadora.

“Esta fermosísima frase vai ser a protagonista do noso valo durante o vindeiro ano. Con esta iniciativa, que levamos realizando dende hai máis dunha década, queremos por en valor a importancia da literatura galega, tan nosa e tan importante no desenvolvemento da nosa cultura e da nosa sociedade. Queremos agradecer a Antonio García Teijeiro que quixera sumarse a familia de escritores galegos que durante os últimos anos participaron no noso valo”, apunta Ruy Andrade, director de Comunicación de Pereira Productos del Mar.

Enviamos tamén foto do evento celebrado esta mañá a bordo do Argos Pereira na que aparecen (de esquerda a dereita): José Enrique Pereira, Conselleiro Delegado de Pereira; o escritor Antonio García Teijeiro y Ruy Andrade, Director de Comunicación de Pereira Productos del Mar.