As cinco piscinas de Samil abren ao público o 8 de xuño


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este mércores que a cidadanía poderá gozar de novo das piscinas da praia de Samil desde o próximo mércores 8 de xuño.

Son cinco instalacións -cada unha co seu correspondente socorrista- que funcionarán ininterrompidamente entre as 11,00 e as 22,00 h de luns a domingo.

O alcalde cualificou esta apertura de moi boa noticia na cidade logo de dous anos nos que a pandemia impediu o seu funcionamento.