A Xunta destina esta ano 2,1 millóns de euros aos consellos reguladores dos viños e augardantes galegos


A Xunta, a través da Consellería do Medio Rural,destina este ano un total de 2,1 millóns de euros a apoiar o funcionamento dos diferentes consellos reguladores dos viños e augardantes galegos, así como para financiar o seu labor de control da calidade e de promoción nos diferentes mercados.

Estes datos foron destacados esta tarde polo conselleiro do Medio Rural, José González, na súa visita á LondonWineFair 2022, onde acudiu para apoiar a presenza dos viños e augardentes galegos nesta feira internacional, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos.

En total, case 120 adegas galegas e outras empresas comercializadoras de viños e augardentesda nosa comunidade participan neste evento, un dos máis importantes do sector no calendario internacional. Así, contan con representación 19 adegas da denominación de orixe Monterrei, 30 do Ribeiro, 16 de Ribeira Sacra, 19 de Valdeorras e 28 de Rías Baixas, así como 6 elaboradores de augardentes e licores, con 19 referencias.