A Taberna García, premio Garelos do Concello de Betanzos




A alcaldesa de Betanzos, María Barral, deu a coñecer os premios Garelos, o galardón máis importante que entrega o Concello e cos que pretende recoñecer, cada dous anos, os logros alcanzados ou a traxectoria de betanceiros, colectivos ou entidades en tres determinados ámbitos: comercio e industria, Cultura e Deportes.

Así, a primeira edil anunciou que O Garelo do Comercio e a Industria irá para Taberna García, de Montellos. Trátase dunha empresa familiar, unha casa de viños e comidas que xamais deixou de funcionar desde 1887 ata converterse na máis antiga en funcionamento na comarca. É un referente gastronómico pola súa exquisita comida e o seu trato familiar.

Barralk tamén anuncipou que Xesús Fraga recibirá o Garelo da Cultura. O escrito, xornalista de La Voz de Galicia, gañou o Premio Nacional de Narrativa do Ministerio de Cultura pola súa novela Virtudes e misterios. Para a alcaldesa “Xesús Fraga é un orgullo para Betanzos, para Galicia, un recoñecemento á nosa lingua, unha obra que convida a lela. Un premio que non gañaba nesta categoría dende 2098 un libro escrito nalgunha das linguas cooficiais do Estado” destacou María Barral, e que “polo tanto faino merecedor de que dende o Concello, dende a súa cidade teña un recoñecemento tamén moi especial”.

O Garelo do Deporte será para Francisco Freire, que iniciou a súa carreira deportiva como os nenos da súa época nos equipos do seu barrio, A Ribeira, pasando logo polo Brigantium no que xogou como porteiro. Unha grave lesión retirouno como xogador aos 21 anos mais continuou coa súa paixón polo fútbol como adestrador de porteiros. Descubridor de Paco Buyo, adestrou a varias xeracións de nenos no Betanzos, Sada, Raio Sadense, Miño ou Gandarío. O Concello pretende recoñecer a súa traxectoria e implicación no deporte de base, axudando a moitos mozos non só ao prepararse no deporte senón tamén na vida.

Dentro dos premios haberá o Garelo Especial, que este ano irá para os arquitectos Casabella-Vieites, Xan Casabella López y Xosé Díaz Vieites, que dirixen o equipo de recuperación do Parque do Pasatempo. Para eles, será o recoñecemento especial do Concello, pola súa traxectoria profesional, e por deixar “ese selo nos traballos que marcarán unha nova etapa do parque enciclopédico” cuxas obras se desenvolven nestes momentos.