A carabela Pinta abrirase de novo ao público o 5 de xullo en Baiona


A carabela Pinta entrou de novo na baía de Baiona, tras un período de reparacións na os estaleiros Montenegro de Vigo. Pero nesta ocasión deuse un paso máis aló e á varada de mantemento rutineira, programada dacordo con o protocolo do departamento de Cultura ( un protocolo que contempla unha varada de mantemento en dique seco cada cinco anos, a última fíxose en 2017) sumáronselle outros arranxos máis en profundidade. Así, procedeuse ao cambio de todas as cordas, algo que a última vez que se realizou foi en 1999, aos seis anos de chegar a réplica, que foi construída hai 29 anos, no quinto centenario da chegada a porto da embarcación orixinal.

A réplica da carabela Pinta de Baiona volveu ao pantalán Cristóbal García Sarmiento onde levaba ancorada desde 1994. Co paso dos anos a copia do navío, onde Martín Alonso Pinzón trasladou a noticia do descubrimento da Indias, tense convetido en símbolo de identidade da vila.

A visita á réplica da carabela Pinta é un dos grandes atractivos que ofrece a Real Villa, pola cuberta da embarcación pasa un gran número de persoas a visitar as instalacións e coñecer o seu interior que alberga un museo colombino que recrea aos membros da tripulación, os indíxenas americanos e os obxectos traídos do novo mundo.

Tanto o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, como a concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, achegáronse ata o pantalán para recibir á nave e coñecer de primeira man as melloras levadas a cabo.

“A nave estivo varias semanas no estaleiro vigués e someteuse intensivas reparacións: O casco e todo o barco foi sometido a unha limpeza integral e renovouse a pintura en toda a embarcación. Asi mesmo, renováronse tanto as poleas, como as bigotas, as patecas, aparellos, máis de corenta motones novos…tamén se procedeu ao cambio de toda as cordas algo que non se facía desde 1999. Utilizáronse ao redor de 2.200 metros de cable para a renovación ”, destaca o alcalde.

Tamén se instalaron completamente novos a verga da maior, o mauprés de proa, amantillos e aparello real, igualmente completamente renovados, e renovouse a iluminación exterior de cuberta.

“Trátase dunha aposta clara pola cultura, o turismo e a conservación do noso patrimonio. Polo que a estes traballos sumaranse a actualización da museografía da Replica da Carabela Pinta que se realizará ao longo desta semana”, abondou o alcalde.

Quen matizou que “estes traballos levarán a cabo con cargo ao proxecto “Exploraterra”, unha iniciativa á que o municipio baionés adheriuse o pasado mes de febreiro e que nace co obxectivo de promover e preservar o patrimonio cultural das grandes expedicións marítimas xeográficas españolas e portuguesas da historia”.

Haberá que esperar ao próximo luns, 4 de xullo, para descubrir todas a renovación da museoloxía, este mesmo día farase unha presentación oficial da renovada nave tanto na súa cuberta como no seu interior. O propio martes, día 5 de xullo, abrirase de novo ao público.