Vegalsa-Eroski, exemplo colaborativo coas iniciativas institucionais para mellorar o agro galego


Vegalsa-Eroski foi unha das cadeas de distribución que se adheriu durante a emerxencia sanitaria á rede Mercaproximidade, impulsada pola Xunta para dar saída aos produtos agroalimentarios que viron alteradas as súas vendas por mor das restricións na hostalaría ena restauración. Máis recentemente, a compañía subscribiu tamén o protocolo de entendemento histórico que se promoveu entre toda a cadea de valor do sector do vacún de carne e a indicación xeográfica protexida (IXP) Ternera Gallega, para frear a venda a perdas e dignificar as rendas que reciben os produtores.

Así o destacou o consellerído de Medio Rural en funcións, José González no IX Encontro coa industria alimentaria organizado por Vegalsa-Eroski, onde estivo acompañado polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor,e onde aproveitou para agradecer o labor desta empresa á hora de sumarse ás distintas iniciativas postas en marcha pola Xunta.

En canto á nova Lei da calidade alimentaria de Galicia, remarcou que persegue impulsar a produción de calidade no rural, a transformación na industria con valor engadido e, por último, a acollida destes produtos nos diferentes mercados da man da distribución, O texto iniciou a súa tramitación como anteproxecto coa finalidade de ter aprobada a norma neste ano 2022.Tamén se porá en marcha a sección Galicia Calidade Alimentaria, que distinguirá no mercado os produtos de excelencia da comunidade, co mesmo obxectivo de potenciar a produción de calidade diferenciada que define o noso sector primario.