Sumario/editorial HGgT 236 _ OS ACEITES IBÉRICOS TAMÉN FALAN GALEGO


Encaramos o final da primavera, a transición, xa, para o verán e en Galicia terá  florecido un goberno anovado máis que novo, dada a continuidade en forma de relevo plantexada desde a asunción de Feijóo ao reino dos populares en Madrid. Seu vicepresidente, pois, terá ascendido á presidencia da Xunta de Galicia, e a saber se no cartafol que se leve no cambio de despacho, meta tamén os asuntos de turismo que asumeu na remodelación precedente.

En absoluto descartable que Alfonso Rueda se inspire no que xa dalgún xeito experimentara Fraga, isto e, manter ese 12 por cento do pib galego baixo seu control directo, desenvolto e traballado vía secretaría xeral dependente da presidencia. Para as calendas que nos veñen de inmediato e para as que preparamos esta edición, as follas xa nos deixarán ver o bosque…

Unha edición “moi galega”, como corresponde na celebración das letras galegas, convencidos e comprometidos coa nosa cultura, idiosincrasia, e demais recursos patrimoniais materiais e inmateriais. Recursos e produtos identitarios e de calidade, diferenciáis polo tanto no competitivo e cualitativo mercado ao que nos enfrontamos.

Así se reflicte na Mesa de Redacción (pax. 17 a 20, primeira experiencia conxunta co novo canal temático A9TV para a Eurerorrexión) ou no trasunto do itinerario literario (pax. 21 a 24) que propomos establecendo unha diagonal entre dúas bisbarras cabeceiras. A Valdeorras de F.D.

Guarriarán (protagonista do día das Letras Galegas) e a Bergantiños de Eduardo Pondal, cuxa poesía inspirou o Himno Galego. Se nas seccións de Opinión (paxs. 3 e 34) e no Directo® (paxs.29-31) tamén se abordan ou bordean eses enfoques, ese compromiso semella cumplido.

Porque o outro, o das cousas de comer o mellor posible no día a día, ou de vivir o país ao socaire das súas tradicións e tentacións diversas, tamén tratamos de cumplir co noso compromiso editorial. No primeiro, catapultanto os aceites galegos en pé de igualdade cos grandes da península ibérica, nunha nova convocatoria das Catas Transfronteirizas HG&T (pax. 8 a 14). 

No segundo, apuntando acontecimentos e destinos de lecer para este e o mes que ven e máis alá (pax. 25 a 27, e 28). Tampouco esquencemos pálpitos e tensións sectoriais, pero para máis detalles está o sumario adxunto. Descarga a revista neste enlace