SmartPeme oferta esta semana un curso de marketing turístico


A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como o desenvolvemento da túa propia estratexia de email márketing turístico, a fabricación dixital con filamento, Google Adwords como entendelo e crear campañas eficaces, iniciación ao SEO e fabricación dixital con debuxo 3D.

O martes 10 o curso de desenvolvemento da estratexia de e-mail e marketing turístico centrarase en aprender como dar a coñecer a túa compañía, os teus servizos e valores mediante o correo electrónico e tamén, coñecer as vantaxes de esta técnica, mellorar o deseño e medir o impacto das diferentes campañas. A condutora desta formación será Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago.