Santiago lanza este xuño os Bonos Corazón para a praza de Abastos


Santiago lanzará en xuño una nova campaña dos Bonos Corazón. Nesta ocasión terán como protagonista a praza de Abastos.

O pasado 11 de marzo, o Concello de Santiago lanzou campaña dos Bonos Corazón Concheiros cun investimento de 75.000 euros, articulado en tres modalidades de bono: de 75 euros, de 50 e de 30 euros.

Esta iniciativa permite á clientela dos comercios e os locais de restauración da zona de Concheiros-San Pedro, beneficiarse de descontos xa que todos os bonos están cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante.

A poucos días de finalizar o prazo para facer uso dos Bonos Corazón Concheros, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou esta mañá en rolda de prensa que o importe total de gasto propiciado por esta campaña vén de acadar os 200.063 euros, dos que 153.423 euros foron consumidos en establecementos comerciais, e 46.340 euros, nos locais de hostalaría.

Prevese o lanzamento a maiores da convocatoria para a praza de Abastos en xuño, unha nova no vindeiro mes de setembro, aínda sen concretar.