Rutas dos Viños de Galicia: Xornadas de portas abertas entre maio e xuño


As xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia, que se desenvolverán ao longo de cinco fins de semana, entre o 13 de maio e o 12 de xuño,foron presentas esta tarde noite en Santiago de Compostela, nun acto presidido polo conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos. Durante o acto, no que tamén participou a directorade Turismo de Galicia, Nava Castro, Gonzálezequiparou estas rutas coa Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas impulsada pola Xunta en colaboración co sector, coas tres universidades galegas e cos axentes relevantes dos respectivos territoriospara acadar a consolidación dos nosos viños nos diferentes mercados.

No acto, ademais doutras autoridades e representacións, tamén se deron cita os presidentes das 5 Rutas dos Viños de Galicia, no caso da de Valdeorras a súa vicepresidenta Montserrat Rodríguez; Juan Casares, Juan Gil, José Manuel Rodríguez e Lara da Silva, presidente respectivamente das rutas e consellos reguladores do Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei.

Trascedeu que nesta edición haberá actuacións musicais cunha canción composta especifícamente para cada unha das rutas, ademais dos habituais buses do viño, menús maridados con viño, visitas guiadas, paseos en barco...

Na súa intervención, José González engadiu que "queremos continuar impulsando a calidade que ampara moitas das producións alimentarias de Galicia e nomeadamente os viños galegos, a través da sección Galicia Calidade Alimentaria que contribuirá ao pulo que debe seguir representando un dos eidos máis estratéxicos e dinámicos do noso sector primari"o.

As xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños desenvolveranse dedicando unha fin de semana a cada unha das rutas, sendo a primeira a Ruta do Ribeiro (13 ao 15 de maio), posteriormente a das Rías Baixas (20 ao 22 de maio), a de Valdeorras (27 ao 29 de maio), Ribeira Sacra (3 ao 5 de xuño) e finalmente a de Monterrei (do 10 ao 12 de xuño).

Deste xeito, entre os meses de maio e xuño poderanse facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción, se ben recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa bodega correspondente por motivos de aforo. Ademais de menús en restaurantes e da posta en marcha do Bus do Viño para facilitar as visitas ás adegas, na páxina deFacebook de Turismo de Galicia realizaranse tres concursos por cada Ruta do Viño, nos que se sortearán noites de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nun dosestablecementos asociados participantes, máis o xantar do día seguinte nun restaurante socio da Ruta.