Rubén González: “Gañar o I Concurso de Tapas de Galicia fíxome moita ilusión”


Rubén González Vallejo, chef do restaurante El Cafetín, de Pontevedra, acaparador de premios e recoñecementos nos distintos concursos no que participa, proclaomuse campión do I Concurso de Tapas de Galicia, organizado polo concello de Pontevedra, na súa carreira por ser proclada Capital Española de Gastronomía 2023.

-Rubén, que siginifica para ti este novo recoñecemento como camoión neste primeiro certamen de gastronomía en miniatura celebrado en Pontevedra?

-É un recoñecemento que me fixo moita ilusión, é unha recompensa ao traballo diario e que fai qu acometas o día a día con máis forza e ilusión Cando te presentas vas coa idea de dar om mellor de ti e competir, neste caso nuna competición na que había 50 cociñeiros galegos, traballando e vivo e en directo, que non é doado, pois depende de que non falle nada, que todo marche segundo previsto, que teñas un bo día. A cousa cobra aínda máis dimensión porque está traballando diante dun xurada, cara ao público, con prensa especializada mirando…

-Un premio deste tipo ten repercusión para o negocio?

-Ten, se cabe, máis repercusión mediática porque te situas no foco e, que duda cabe, tamén ten reprecusión no negocio, pois moitos clientes anímanse a probar a proposta gañadora aínda que sexa por curisoside. Sempre é pòsitivo, a pesares de que, no noso caso, somos afortunadamente un negocio bastante estable.

-Son tantos que non sei se te lembrarás, pero cantos concursos de tapas levas ganando?

-(Risas), seis veces seguidas o Concurso de Tapas de Pontevedra, que é a nivel local e clasificatorio para o Tapas por Galicia no que obtiven catro premios, e agora este I Concurso de Tapas de Galicia, moi concorrido e cun alto nivel dos participantes.