Os brancos da Ribeira Sacra, a debate en Quiroga


Na Casa de Cultura de Quiroga desenvolverase o vindeirio 20 de maio un programa de debates para responder a pregunta "¿Teñen futuro os viños brancos na Ribeira Sacra"?, promovida polo GDR desta bisbarra e O Caurel.

Iniciarase a partires das 16,30 horas, cunha conferencia do doctor-inxenieiro José Hidalgo Tagores, sobre a súa mirada aos viños brancos españois. A continuación disertará sobre a variedade rioxana Tempranillo blanco, o inxenieiro daquela comunidade Enrique García Escudero, seguido de as varietais isleñas o licenciado en químicas canario Juan Jesús Méndez Silveiro, e sobre a Verdejo na D.O. Rueda a cargo de Miguel González García.

Despois dun breve descanso, reanudaranse as exposicións e debates sobre as variedades autóctonas, coa disertación da agrónoma Isabel Salgado sobre a uva Albariño, sobre a Godello a cargo do técnico José Luis Bartolomé Lozano, e o adegueiro Fernando Algueira que falará de innovación.

Finalmente, unha conferencia sobre o mercado do viño e as perspectivas futuras, con Rafael del Rey, director da Fundación Observatorio del Vino.