O Xulgado confirma a titularidade pública das termas da Chavasqueira


O Xulgado de primeira instancia número 3 de Ourense ditou sentenza na que confirma a titularidad pública das Termas da Chavasqueira. Nunha sentenza comunicada ao Concello, a xuíza desestima o recurso interposto por tres particulares que reclamaban para si a propiedade de parte dos terreos onde se atopa o espazo termal ourensán, concretamente o templete da instalación.

Trátase dunha vella reivindicación, pois esta familia xa reclamara a propiedade no ano 2000, cando o Concello iniciaba a execución das obras de construcción das Termas da Chavasqueira. A súa demanda foi desestimada daquela en dúas sentenzas favorables ao Concello de Ourense. Case vinte anos despois, os particulares presentaron unha nova demanda en 2020, reclamando de novo a propiedade.

A sentenza do xulgado de primeira instancia número 3 desestima a demanda e volve darlle a razón ao Concello e á Confederación Hidrográfica, que reiteraron que as instalacións públicas e os mananciais localízanse na súa totalidade dentro do dominio público hidráulico

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, puxo en valor a importancia desta sentenza, resaltando que “é una boa noticia para o Concello de Ourense porque acaban unha serie de pleitos que arrastraban desde hai 21 anos, dos que o ultimo iniciouse en 2020, cos que residentes no estranxeiro reclamaban como propiedade súa a explotación das augas termais da Chavasqueira que son de todos os ourensáns”.

Jácome destaca que “os servizos xurídicos do Concello realizaron un bo traballo, e finalmente o xulgado nos dá nos a razón. As augas termais da Chavasqueira son patrimonio de todos os ourensáns, e non dunha familia privada residente no estranxeiro. É una gran noticia porque hoxe as termas son máis nosas”, concluíu o rexedor.