O mal tempo obriga a cambiar o Banquete de Conxo para o domingo 29


Por mor da previsión meteorolóxica para este domingo 22 de maio, anúlanse todos os actos programados da Festa do Banquete que estaban previstos na Carballeira de Conxo, e trasládanse ao vindeiro domingo, 29 de maio. As actividades de hoxe sábado 21, manterase sen ningún cambio na programación. O Mercado do Libro e da Artesanía na praza Aurelio Aguirre de Conxo tamén seguirá co horario e actividades previstas tanto o sábado como o domingo.

As condicións metereolóxicas adversas previstas para este domingo, levaron ao Concello de Santiago a tomar a decisión de cancelar todos os actos da Festa do Banquete que estaban programadas para esta xornada e trasladalos ao vindeiro domingo 29 de maio. O tren turístico que cobre o percorrido entre a Alameda e o barrio de Conxo tampouco prestará este servizo este domingo 22 de maio, aínda que se mantén o sábado.

Deste xeito, as actividades que quedan aprazadas son as seguintes: as recreacións teatrais "Alá van estudantes e artesáns", "Baixamos ao bosque do Banquete" e o "Banquete de Conxo"; o pregón da Festa; o concerto da Banda Municipal de Música de Santiago; o xantar e romaría popular; o Serán da Fraternidade; as actuacións musicais e os discursos de despedida.