O I Congreso Internacional de Innovación “Spin Rural-Visionarios da terra” estase a celebrar na Estrada
Estase a celebrar no Pazo de Xerlís,na Estrada, ata este venres o I Congreso Internacional de Innovación “Spin Rural-Visionarios da terra”. Esta experiencia terá como protagonistas viños e augardentes galegos amparados por unha denominación de orixe (DO).
Un dos poñentes desta xornada inaugural foi o director fundador da revista HGg&T, Guillermo Campos, que falou do libro Xantres para o século XXI do que é autor, e reflexionou sobre a qué sabe a innovación. Neste senso dixo que tanto sabe a un lacón con grelos ou a un polbo á feira no seu tempo como ás diferentes texturas que é a aportación máis interesante, ao seu xuizo, no eido da gastronomía.
Desta forma, representantes dos consellos reguladores dos viños de Monterrei, Ribeiro e Ribeira Sacra, así como da DO Augardentes e Licores de Galicia, exporán as principais características destas bebidas e serán sometidos a preguntas “sorpresa”. Ademais, farase unha cata especial centrada nun dos sentidos que non se empregan ao degustar unha bebida: o ouvido.
Neste evento, así como en todos os programadas dentro deste Spin Rural, participarán expertos en innovación de diferentes ámbitos, tanto da empresa privada como das administracións ou das universidades, así como os xa mencionados responsables de distintos consellos reguladores de produtos agroalimentarios galegos de calidade diferenciada. Como mestra de cerimonias actuará Helena Díez-Fuentes, experta presentadora e dinamizadora de eventos en directo, gran parte deles relacionados cos sectores da innovación, o investimento e a tecnoloxía.