O 'espaVila' arranca con un 'showcooking' de altura


O “espaVila!” edición do Mar acaba de iniciar a súa singradura na Praza da Peixería arousana cun programa cheo de atractivos e interesantes actividades destinadas a profesionais e público en xeral de todas as idades.

O primeiro prato é mesa coloquio sobre “políticas públicas. Conservación e aproveitamento dos recursos mariños” e un relatorio sobre o topónimo do Salnés e a súa orixe na produción do sal, serán os primeiros actos a celebrar despois da inauguración que correu a cargo do alcalde, Alberto Varela e da concelleira de Promoción Económica, Alba Briones.

Xa a mediodía serán os chefs Javier Olleros, Rafa Centeno e Marcos Cerqueiro os que collan a tixola polo mango no showcooking no que elaborarán pratos con produtos do mar.

O sábado haberá charlas sobre emprendemento e, de seguido, as doce e media un segundo showcooking, con Beatriz Sotelo, Xosé Maglhaes e Toñi Vicente como protagonistas.

O evento emata o domingo despois dunha festa mariñeira que animará toda a mañán as rúas da capital arousana.