Lucus in Vino Veritas reunirá expositores de toda a península ibérica


A terceira edición de Lucus in Vino Veritas, que reúne bodegas de toda a península ibérica, celebrase este sábado 21 de maio no atrio da catedral de Lugo.

Lucus in Vino Veritas contará nesta edición con máis de 20 expositores nos que se poden atopar viños da Ribeira Sacra e da zona de Negueira de Muñiz, pero tamén doutras zonas de Galicia e da Península, sendo a primeira vez que participa unha adega portuguesa. Como novidade, este ano organízase unha conferencia para os adegueiros e adegueiras enfocada a un mellor aproveitamento do negocio.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da corporación provincial, Pilar García Porto, participou este mércores na presentación cita vitivinícola, xa que o organismo do que forma parte colabora con este evento cunha achega de preto de 2.000 euros para a posta en valor da actividade vitivinícola, “un dos piares estratéxicos da economía lucense”.