Johnny Güimil será o pregoeiro da Festa do Viño de Barro


Volta a Barro, tras o parón propicaido pola pandemia, a Festa do Viño os días 16, 17, 18 e 19 de xuño con máis actividades que nunca. A falta de concretar aínda datos sobre a programación, o pregoeiro será o músico local Johnny Güimil, segundo publicou Pontevedra Viva.

Ademais, o Concello e as adegas e hostalaría locais xa están traballando nunha campaña de promoción dos viños de Barro similar á que se celebrou o pasado ano e que que obtivo unha resposta excepcioanal por parte do público.

Tamén se recuperará o Certame Rías Baixas, onde se escollerán os mellores viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, como o concurso de viños caseiros.