Curso de iniciación á apicultura ecolóxica

 


A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar desde a semana que vén un curso de iniciación á apicultura ecolóxica no Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón.

Programado entre o 14 de maio e o 2 de xullo, distribuirase en cinco sábados en horario de 10,00 a 14,00 h., cun total de 20 horas lectivas. O obxectivo é que os participantesadquiran os coñecementos necesarios para establecer oseu propio apiario orientado á produción ecolóxica, para realizar os manexos necesarios de caraaocoidado das súas abellas e para orientar oseu labor ao obxectivo produtivo que elixan (cría de raíñas e núcleos, mel, pole, xelea real, cera, propóleos, veleno, cosmética, sensibilización na protección dos polinizadores, etc.).