Comezan esta fin de semana as xornadas de portas abertas das Rutas dos viños de Galicia


Esta fin de semana comezan en O Ribeiro as xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia, promovidas pola Xunta de Galicia, en colaboración cos consellos reguladores vinícolas, desenvolveranse ao longo de cinco fins de semana, entre o 13 de maio e o 12 de xuño.

Nesta edición haberá actuacións musicais cunha canción composta especifícamente para cada unha das rutas, ademais dos habituais buses do viño, menús maridados con viño, visitas guiadas, paseos en barco...e outras actividades.

As xornadas desenvolveranse dedicando unha fin de semana a cada unha das rutas, sendo a primeira a Ruta do Viño Ribeiro (13 ao 15 de maio), posteriormente a das Rías Baixas (20 ao 22 de maio), a de Valdeorras (27 ao 29 de maio), Ribeira Sacra (3 ao 5 de xuño) e, finalmente, a de Monterrei (do 10 ao 12 de xuño).

Deste xeito, entre os meses de maio e xuño poderanse facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción, se ben recoméndase confirmar a visita vía telefónica coa bodega correspondente por motivos de aforo.