Cita en Ferrol das cidades lusogalaicas para potenciar o turismo de proximidade


Ferrol celebra este fin de semana a feira turística ‘Expocidades’ en colaboración co Eixo Atlántico na praza de Armas. O evento conta cunha trintena de stands informativos: trece corresponden a localidades galegas, 12 a portuguesas, un do Eixo Atlántico, outro específico para degustacións, un de Foro Termal, un da Deputación de Ourense, outro da de Lugo e o último da Asociación Ibérica de Municipios de Ribera del Duero. O alcalde estivo acompañado pola presidenta do Eixo Atlántico, Lara Méndez; o secretario xeral, Xoán Vázquez Mao; e membros da corporación municipal. 

Na súa intervención durante a inauguración, o alcalde, Ángel Mato, destacou o “excelente escaparate turístico” que supón para Ferrol a feira de turismo ‘Expocidades’, un evento de dinamización local que “busca promover o turismo de proximidade” entre as localidades e deputacións galegas e portuguesas que forman parte do Eixo Atlántico. É, dixo, unha iniciativa “froito da permanente colaboración” entre o Concello de Ferrol e o Eixo Atlántico co fin de “contribuír á promoción turística e comercial da nosa cidade e de todos os membros da organización”.

Lara Méndez, presidenta do Eixo Atlántico e alcaldesa de Lugo incideu na idea de Mato."Con est5e evento pretendemos promover e poñer en valor o turismo de proximidade e dar a coñecer os mercados turísticos dos territorios cercanos, e Lugo non podía faltar a este cita”.

A alcaldesa dsubliñou que se trata dunha “magnífica ocasión para promocionar o noso municipio e as súas potencialidades, de xeito que durante toda a fin de semana, o stand de Lugo convertirase nunha extensión do concello frente a centos de persoas de Galicia e do norte de Portugal que visitarán o recinto feiral”.