Caballero apoia a campaña turística de Xixón en Vigo


“Xixonomía” é o lema da campaña turística co que esta cidade asturiana estará esta fin de semana en Vigo cun autobús situado na Farola de Urźaiz. Durante unha visita o alcalde animou a toda a cidadanía viguesa a visitar unha cidade “amigable, bonita e cun pasado industrial semellante ao de Vigo”.

O alcalde achegouse ao autobús da “Xixonomía” que estará ata o domingo 29. Acompañado pola concelleira de Turismo, María Lago; e o seu homólogo xixonés, Santos Tejón, animou á cidadanía viguesa a pasar uns días en Xixón ao tempo que lembrou que son moitos os asturianos que xa nos visitan cada ano. “Temos unha grande empatía porque ambas somos grandes cidades que, sen embargo, non somos capital de provincia”, rematou.