Bodegas e hostaleiros de O Barco lanzan A Tapiña dos Xoves


Co fin de promocionar e apoiar a hostalería barquense, nace a campaña "A Tapiña dos Xoves", unha iniciativa do Concello do Barco, AEVA e o Centro Comercial Aberto, en colaboración con Adegas Godeval, Adega Roandi, Adega Facenda Ucediños e Adega Cooperativa Jesús Nazareno.

Todos os xoves, ata o 16 de xuño, os hostaleiros participantes nesta iniciativa ofrecerán diferentes tapas e petiscos, polo prezo de dous euros. A esta cita gastronómica sumáronse 15 establecementos.

Na campaña tamén se celebrará un sorteo de catro ceas para dúas persoas. Os interesados deberán selar a tarxeta de participación, como mínimo, en tres establecimeintos diferentes ao consumir o seu petisco ou tapa.