Beneficios da balneoterapia en nenos e anciáns


Baixo o título “A saúde é o que importa”, a Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia promove un ciclo destinado a difundir entre a sociedade o valor terapéutico das augas mineromedicinais. Esta iniciativa, que cumpre a súa 4ª edición, conta coa colaboración da Fundación Araguaney.

Esta tarde celebrouse a segunda sesión deste ano, no salón Rahid do compostelán Hotel Araguaney, con entrada libre ata completar aforo. Consisteu nunha mesa redonda na que se abordaron as principacis indicacións da cura termal tanto en nenos como en anciáns, moderada polo directora médica do Balneario de Compostela (Brión), a doutora Belén Cabana. Os expertos participantes mantiveron ademais un coloquio posterior co público asistente ao encontro.

O doutor José Domingo Moure González, facultativo especialista da Unidade de Pneumoloxía Pediátrica do Hospital Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), abordou as potencialidades da balneoterapia en nenos.

Pola súa parte, o doutor Antonio Pose Reino, xefe do Servizo de Medicina Interna do CHUS, afondou nas principais indicacións da balneoterapia para tratar a persoas maiores. Sinala que “o proceso de envellecemento conleva alteracións neurodexenerativas, nos órganos internos, a nivel reumatolóxico e muscular, cardiovasculares, neumolóxicos… na súa maioría de carácter crónico e os tratamentos termais poden aportar grandes beneficios a boa parte destes a boa parte destes trastornos”.