Baiona acolle a presentación do libro ilustrado O Camiño Portugués da Costa


O Multiusos Mercado de Sabarís acolle este viernes ás sete da tarde a presentación do libro ilustrado de Hércules Edicións “Camiño Portugués da Costa” coa presenza dos seu autores: Noelia Muíños e Ramón Quintas.

O Camiño de Santiago Portugués da Costa ilustrado!: Personaxes célebres, festas tradicionais, monumentos, ingredientes máxicos da gastronomía galega e o Apóstolo Santiago agóchanse nestas páxinas.

Dende o popular ¿Onde está Wally? de finais dos 80, pequenos e maiores están fascinados pola diversión dos libros de buscar e atopar. En Europa hai moitos artistas que se veñen adicando á realización deste tipo de ilustracións que se coñecen en Alemaña como „Wimmelbuch“. Ali Mitguscht e Anne Suess son algúns dos referentes deste tipo de libros. Un clásico que segue a cautivar a todas as xeracións por moito que pasen os anos.

O libro conta con ilustracións das poblacións do Camiño portugués da costa onde hai un ir e vir de persoas, accións, vehículos, edificios, etc. Mentras se observan os debuxos poderanse buscar e atopar diferentes persoas, personalidades importantes da zona, monumentos… e descubrir en cada mirada unha nova historia. Percorrerase o Camiño a través das paisaxes de cada localidade e descubriranse as diferentes personalidades relacionadas con estes lugares. Algúns exemplos: un castrexo na Guarda, o trovador Mendiño en Redondela ou o loro Ravachol en Pontevedra. En cada parada do Camiño agóchase ademáis o Apóstolo Santiago. ¿Serás quen de atopalo?

Nas primeiras páxinas do libro amósase o itinerario das principais localidades polas que pasa o Camiño Portugués da Costa.

Cada localidade representada nesta folla de ruta vai acompañada dun pequeno debuxo e información sobre o correspondente obxectivo de busca.

Na parte inferior deste mapa do percorrido inclúese unha liña coas distancias entre as etapas.

A continuación desta folla de ruta, o libro componse de dobres páxinas: á esquerda con información escrita en verso sobre cada localidade, á dereita a correspondente ilustración.