As visitas guiadas o Monte Santa Trega adiantanse este ano a xuño


O Monte Santa Trega , no concello pontevedrés de A Guarda, contará con visitas guiadas novamente neste verán pero como novidade xa comezarán as fins de semana de xuño.

Aqueles que visiten o Monte Santa Trega poden coñecelo tamén con máis detalle escoitando as audioguías dispoñibles en varios idiomas.

Están dispoñibles en YouTube tan só hai que buscar como audioguías Monte Santa Trega e poderás escoitar as 12 pistas nas que aportan tanto información do Castro de Santa Trega como da Capela, da paisaxe,… Sen esquecer que unha das pistas corresponde ao MASAT, un espazo interesante para visitar e dispor dun maior coñecemento sobre a cultura castrexa-romanas e as pezas atopadas nas diferentes excavacións como as moedas, as labras e o Cabezón do Trega, a última pezas incorporada á exposición do Museo Arqueolóxico de Santa Trega (Masat).

O Monte Santa Trega, celebrou, por outro lado, este mércores unha xornada de portas abertas na que os visitantes poideron acceder gratuitamente tanto ao monte como ao Masat.