Apehl reclama ao Gobierno máis flexibilidade na normativa do Rexistro de Viaxeiros


O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acompañado por dous membros da xunta directiva da Asociación, Jacobo García-Bobadilla e Manuel Ángel Fernández, reuniuse esta mañá con María Isabel López, subdelegada do Goberno en Lugo, para tratar o desenvolvemento do Real Decreto 933/2021, de 26 de outubro, polo que se establecen as obrigas de rexistrar documentalmente as actividades de hospedaxe.

Esta nova normativa que dá un xiro á regulamentación do Rexistro de Viaxeiros faise cada vez máis complexa e así llo quixeron trasladar á representante do Goberno na provincia. “Debería ser acordada co sector, xa que se fai difícil cumprir co contido do Real Decreto tal e como o indican os termos actualmente expostos”, aseguraba Real. “Ademais, -engadiu- o sector considera que esta norma podería resultar contraria á normativa en materia de protección de datos de carácter persoal”.

Con este acto, desde Apehl puxeron en coñecemento da subdelegación a situación coa que se atopa agora o sector do aloxamento e solicitaron correccións ao longo do seu próximo desenvolvemento normativo para facilitar os trámites.