A Deputación de Ourense expón o seu histórico compromiso termal


O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle ata finais de xullo unha exposición na que se pode comprobar a evolución do papel que xogou a Deputación de Ourense desde a súa constitución, en 1822, en ámbitos tan diversos como o termalismo, as obras públicas, a beneficiencia, saúde, instrución pública, educación ou cultura, sen esquecer o futuro dunha administración que segue a traballar en moitas destas áreas pero con novas apostas estratéxicas

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, inauguro a exposición nun acto que contou coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; senadores; parlamentarios autonómicos; deputados provinciais; alcaldes; e representantes do mundo empresarial, universitario e cultural da provincia.

Manuel Baltar puxo en valor este bicentenario e anunciou que a partir do próximo ano o día 26 de maio pasará a ser o Día da Provincia. O presidente recoñeceu "sentir orgullo das orixes da institución, do que se fixo en todo este tempo, e moita honra por coincidir con este bicentenario", augurando moitas celebracións máis "para unha administración autónoma recoñecida pola Constitución española no seu artigo 141".