A Deputación apoia o Arde Lucus con 28.000 euros


A voceira socialista do Goberno provincial de Lugo, Pilar García Porto, informou de que a Xunta de Goberno aprobou este venres un convenio de colaboración co Concello para a celebración do Arde Lucus. A Deputación de Lugo achega 28.000€ a este festexo para a representación do circo romano.

García Porto destacou que a institución provincial mantén “un compromiso de colaboración importante coa celebración desta cita coa historia romano castrexa de Lugo, que este ano recupera todo o seu esplendor, e polo tanto tamén, toda a súa capacidade como revulsivo económico para a cidade”.