A Cooperativa Lácteas Unidas homenaxea a Gurriarán


A Cooperativa Lácteas Unidas homenaxeou este luns en Ourense a Florencio Delgado Gurriarán dentro dos actos do programa das Letras Galegas.

O director xeral de Clun, Juan Gallastegui, sinalou que desde hai anos unha das marcas da cooperativa, Feiraco, lanza unha edición especial de bricks de leite coa imaxen do homenaxeado polas Letras Galegas, "nunha aposta pola cultura e o patrimonio galegos".

O vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, tamén participou no acto e felicitou á cooperativa por ir máis aló do compromiso empresarial e social co territorio, "contribuíndo á promoción dun elemento fundamental da identidade dun pobo como é a nosa lingua".

O acto incluíu unha actuación a cargo do músico do Barco de Valdeorras, Ramiro Núñez, máis coñecido como "Sr. Jingles", que interpretou unha selección de poemas musicados de Florencia Guarriarán.