A clásica andaina de Allariz será o 29 de maio pola Reserva da Biosfera


A XXIII edición da Andaina de Allariz cambia as datas que eran habituais nas celebracións anteriores.Co obxectivo de facilitar a participación daquelas persoas que traballan con frecuencia os sábados, no 2019 a área de deportes de Allariz tomou a decisión de cambiar a data de celebración e reducir o itinerario para favorecer que o percorrido poda cambiarse e coñecer e gozar doutros espazos da Reserva da Biosfera.

Co formato renovado a edición a XXIII Andaina constará dunha ruta longa de 25km e outra curta de 10km pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas.

Este ano como explicou Helena Suarez, concelleira de deportes de Allariz, queren fomentar a sostibilidade, por iso durante a Andaina de 2022 aos participante se lles entregará co dorsal unha botella de aluminio para que enchan nos puntos de avituallamento.

O técnico de deportes, Roberto Naranjo, explicou que a saída da etapa longa será ás 09:00h da Alameda de Allariz, cunha dificultade media. O percorrido desta etapa percorrerá unha parte do Camiño de Santiago ao seu paso por Allariz. A etapa curta será ás 11:00h sendo a dificultade baixa percorrendo as marxes do río Arnoia nunha ruta circular de Allariz ao Ecoespazo O Rexo. .

O prazo de inscrición estará aberto entre o 9 e o 27 de maio. Cun prezo de 12 € público adulto e de 8 € para nenos e nenas de ata 8 anos, ademais de servizos de avituallamento, comida, masaxistas e duchas para o final da etapa.

Toda a información en www.allariz.gal/andaina