A Baiona Sailing Week deixa no Val Miñor 2 millóns de euros


A Baiona Sailing Week que se está a calebrar esta semana nesta vila costeira pontevedresa deixará un impacto económico na comarca do Val Miñor valorado en 2 millóns de euros, según datos do Concello.

Aloxamentos, restauración, empresas de instalacións, transportes, loxística, náutica ou deseño son algúns dos sectores beneficiados pola chegada da Abanca 52 Super Series a Galicia.

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona organizou para esta fin de semana unha serie de concertos para poñer ritmo á a este evento deportivo no que tres equipos norteamericanos, dous ingleses, un alemán, un turco, outro surafricano e un noveno tailandés competirán na primeira cita da tempada do circuíto de monocascos máis importante do mundo.

Entre os eventos previstos para este fin de semana na praza do concello está este venres, 27 de maio, ás nove da noite o concerto de “Blue Monk. O sábado, 28, á mesma hora, Vilar People, e o domingo 29, en sesión vermú ás doce e media da mañán o concerto de Los del Barro.

O evento deportivo está patrocinado por Abanca e Turismo de Galicia a través do Xacobeo, e apoiado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona.