Terra de Asorei Selección Privada e Nai e Señora `Ouro´en ProWein e en Japan´s Women´s Wine Awards


O Albariño “Terra de Asorei – Selección Privada” obtivo Medalla de Ouro no prestixioso concurso alemán “Mundus Vini”. Dito concurso contará cunha área expositiva e de cata para os viños distinguidos nunha das Feiras máis importantes do mundo, ProWein 2022. Dita feira é un punto de encontro de referencia para as adegas e importadores internacionais. En dito Túnel do Viño de Mundus Vini poderá catarse o albariño de 12 meses en lías e edición limitada de 5.000 botellas da colleita 2020.

Tamén foi distinguido con outra Medalla de Ouro o albariño “Nai e Señora” nun dos concursos de máis relevancia en Xapón, Sakura “Japan´s Women´s Wine Awards”.

En Xapón, o albariño Nai e Señora está presente dende fai máis de 10 anos nunha das cadeas de tendas gourmet de maior relevancia e prestixio de Xapón, con presenza nas grandes cidades como Tokyo ou Kyoto, convertíndose nun dos mercados de referencia para Adegas Terra de Asorei.