Poio contará cun sendeiro azul entre A Seca e Lourido


Poio contará cunha ruta polo municipio recoñecidada como 'sendeiro azul'. Este distintivo, similar ao das bandeiras azuis das praias, lucirá na senda litoral que vai desde A Seca ata Lourido, segundo lle comunicou ao alcalde, Nito Sobral, o colectivo responsable deste selo de calidade, a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC). O de Poio será un dos oito paseos que se sumarán este ano a esta rede, que chegará aos 86 sendeiros.

Esta senda ten unha extensión duns 10 quilómetros aproximadamente e que axuda a vertebrar o tránsito peonil entre o Parque da Memoria e o Parque de Costa Xiráldez, pasando polo paseo da Ostreira, o peirao de Campelo ou a área recreativa da Reiboa.