Ourense convoca o concurso dos maios con 15.000 € en premios


O Concello de Ourense aprobou este xoves as bases e a convocatoria do concurso que premiará os mellores maios e coplas da próxima edición da Festa dos Maios, que se celebrará o primeiro domingo dese propio mes.

A corporación local anima a asociacións, colexios e outras entidades e colectivos para que se inscriban antes do 26 de abril no certamen, que repartirá 15.000 euros en premios e axudas á participación.

Os Maios de Ourense son unha festa declarada de Interese Turístico. Os maios, unha celebración de orixen celta, marcan en Galicia a chegada da primavera e do bo tempo. Esas figuras feitas con ramas e frores están moi arraigadas en cidades como Ourense e Pontevedra.