Os castelos de Sobroso e Soutomaior, reclamos turísticos de Pontevedra nesta Semana Santa


Os Castelos de Sobroso e Soutomaior están preparados para situarse esta Semana Santa como os grandes referentes turísticos na provincia de Pontevedra. Así, Sobroso, tras a súa innovadora musealización, estrea este sábado as xornadas de portas abertas, cuxas 450 prazas esgotáronse en menos de dúas horas.

Pola súa banda, o Castelo de Soutomaior oferta este ano, como novidade, a visita ao muíño recentemente restaurado pola institución provincial. Ámbolos dous lugares históricos, musealizados pola Deputación, teñen convertido xa á provincia no único destino galego con espazos fortificados adaptados ás novas tecnoloxías e ás multiexperiencias que demandan as persoas turistas.

No caso do Castelo de Sobroso as xornadas de portas abertas comezaron o sábado e domingo de Ramos para volver abrir as súas portas os días festivos de Semana Santa, días 14, 15 e 16 de abril con 6 pases diarios para 15 persoas cada un, ás 11, 12, 13 horas da mañá e ás 16, 17 e 18 horas da tarde. Nestas xornadas as persoas poderán coñecer de primeira man un equipamento museográfico actual,