A Xunta pon en valor os preto de 8 millóns de euros convocados este ano para profesionalizar o cultivo da vide e a produción e comercialización dos viños galegos. De este xeito o expuso o directorxeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, na inauguración de Arbomostra2022 no marco da XLII Festa da Lamprea, que se está a celebrar este fin de semana en Arbo.
Deica o vindeiro 2 de maio aínda está aberto o prazo para solicitar ata 3 millóns de euros destinados á reestruturación e reconversión do viñedo. Mentres, estanse a tramitar as solicitudes recibidas no marco da convocatoria para apoiar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, dotada con 2,7 millóns, e a dirixida á promoción do viño en terceiros países, para a que se consignaron 2,1 millóns de euros.
A Arbomostra 2022 permitirá acceder deica o vindeiro domingo aos viños da comarca do Tea, entre outros produtos de artesanía e alimentación. Enmárcase na edición 62 da Festa da Lamprea de Arbo, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, que -tamén ata o domingo 24- permitirá degustar este produto en distintas opcións gastronómicas.