O CRDO Ribeiro e Abanca renovan o convenio de colaboración


O Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro e Abanca veñen de renovar un acordo de colaboración que pon o foco en dar resposta ás necesidades do colectivo de viticultores. Grazas ao convenio, os asociados poderán acceder á oferta completa da entidade financeira para facer fronte ás necesidades do día a día e afrontar as inversións cun fomento importante da sostibilidade.

Mediante este acordo, os viticultores poderán acceder a condicións melloradas na contratación de produtos e servizos deseñados especificamente para este sector, como pólizas de crédito, préstamos, anticipos, subvencións e impostos, anticipos da PAC, leasing mobiliario, confirming ou avais, entre outros.