Máis promoción e mimo para o patrimonio histórico de Vigo


O patrimonio histórico da cidade de Vigo recibirá un novo pulo este xoves. O rexedor socialista, Abel Caballero acaba de anunciar que o Goberno local aprobará dous expedientes vinculados coa divulgación e o coidado do patrimonio histórico.

En concreto, para a divulgación, e unha vez aprobado o prego de prescricións técnicas, o contrato partirá dun importe de case 167.000 euros e terá como duración catro anos.

As empresas que se fagan co servizo terán encomendada a promoción e divulgación do xacemento arqueolóxico do Castro, da vila romana de Toralla e o Centro de Interpretación do Mundo Romano, ademais de Villa Solita.

As labores específicas consistirán en ofrecer atención e información ao público, realización de visitas guiadas presenciais e virtuais aos xacementos arqueolóxicos, así como actividades culturais e musicais en Villa Solita e labores de recreación do mundo romano en Toralla,.

No apartado de preservación dos espazos en Vigo, o Goberno olívico contempla unha partida de 144.000 euros para labores durante un ano en diferentes zonas. Básicamente serán os xardíns de Castrelos, Muiños de Maquías (Zamáns), Muiño do Severo, villa romana de Toralla, pazo da Raposeira, vivendas castrexas do monte Castro, petroglifos dos Mouros (Candeán) e da Laxe (Castrelos), Finca Solita e castelos do Castro e de San Sebastián.